IniciosociedadeRibadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

A Xunta delimita unha área de 7,6 hectáreas incluída na Estratexia Galega de Solo Residencial, a primeira actuación deste tipo na provincia de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito de solo residencial en Ribadeo que permitirá a construción de 300 vivendas, das que 240 serán protexidas, segundo informou a Xunta. A Administración autonómica explicou que a delimitación inicial —que poderá sufrir variacións durante as fases de redacción e tramitación— abrangue unha superficie situada entre a avenida de Ribadeo ao norte, o camiño de Reverte a Vilar ao leste e diferentes viarios municipais e parcelas ao sur e ao oeste.

O ámbito conta cunha extensión de 7,6 hectáreas e intégrase dentro do programa da Estratexia Galega de Solo Residencial. Coa publicación no DOG, este solo pasa a ter consideración de interese autonómico, converténdose na primeira actuación destas características na provincia de Lugo e na undécima en toda Galicia. Segundo destacou a Xunta, o obxectivo desta iniciativa é incrementar a oferta de vivenda, especialmente a prezos accesibles, e facilitar o desenvolvemento urbanístico en concellos con demanda residencial.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...