IniciosociedadeO bispo de Mondoñedo-Ferrol alerta: a vivenda é o "gran factor de...

O bispo de Mondoñedo-Ferrol alerta: a vivenda é o “gran factor de exclusión”

Como outros factores preocupantes do informe, citou o emprego precario "que non saca da pobreza"

Publicada o

- Advertisement -

O bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, realizou na mañá deste venres o seu tradicional balance de fin de ano nun almorzo informativo con medios de comunicación na Domus Ecclesiae de Ferrol e alertou sobre a vivenda como “gran factor de exclusión”.

Neste contexto, referiuse ao Informe FOESSA, cuxo estudo para Galicia presentarase o 20 de xaneiro, e alertou sobre as súas conclusións a nivel estatal, que sinalan a vivenda como “o gran factor de exclusión”. Así, fixo fincapé en que a diocese, a través de Cáritas, destinou o ano pasado máis de 150.000 euros en axudas ao aloxamento e xestiona 10 pisos para colectivos vulnerables, reclamando que a vivenda “sexa tratada como un dereito e non como unha mercadoría”.

Como outros factores preocupantes do informe, citou o emprego precario “que non saca da pobreza” –especialmente entre os mozos– e “a situación agravada dos colectivos migrantes, que sofren multiplicados estes problemas”. En materia patrimonial, o bispo anunciou fitos concretos, como a nova iluminación da Catedral de Mondoñedo, “xa en funcionamento, que mellora a seguridade e realza a súa beleza”, .

Así como a restauración da igrexa de Dores en Ferrol, que “está practicamente concluída” e “un novo proxecto, cunha iniciativa dun colectivo amplo para dotar á Concatedral de San Julián, en Ferrol dun órgano de certa dignidade”, mediante unha mobilización que buscará apoios privados, empresariais e públicos.


Con todo, García Cadiñanos eloxiou o “labor calado” das comunidades, que son o “bosque que crece sen facer ruído” e agradeceu expresamente a dedicación de sancristáns, coros, catequistas e voluntarios que “manteñen viva a presenza da Igrexa nas parroquias, especialmente no medio rural, constituíndo lugares de encontro esenciais”. Finalmente, animou aos xornalistas a contar “boas noticias”, como a recente mobilización polo ferrocarril, para “non xerar desesperanza”.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...