InicioEconomíaO Camiño do Norte cumpre dez anos como Patrimonio da Humanidade

O Camiño do Norte cumpre dez anos como Patrimonio da Humanidade

O director de Turismo de Glaiica, Xosé Merelles, participou este sábado no acto de conmemoración do X Aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, onde reivindicou a "relevancia destas rutas como símbolo cultural e espiritual de Europa".

Publicada o

- Advertisement -

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este sábado no acto de conmemoración do X Aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, onde reivindicou a “relevancia destas rutas como símbolo cultural e espiritual de Europa”.

Así mesmo, agradeceu ao Concello e á Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño o seu compromiso continuo coa conservación e promoción da tradición xacobea.

Durante a súa intervención destacou tamén a importancia do Camiño do Norte que pasa precisamente por Ribadeo como “porta de entrada histórica” á comunidade dunha vía que foi percorrida durante séculos por peregrinos chegados de toda Europa e que continúa experimentando un crecemento sostido, con máis de 21.400 compostelas recollidas este ano e un marcado peso internacional, cun 57% sobre o total de camiñantes.

Remarcou que, ata outubro, visitaron a Mariña lucense 176.302 turistas, o que supón un incremento do 1,3%, que fixeron 357.889 noites nos establecementos hoteleiros da zona. Do total de viaxeiros, 27.841 foron de orixe internacional.

Así mesmo, explicou que Galicia continúa avanzando nun modelo de xestión “máis completo e preciso” das rutas xacobeas, coa instalación de sensores para medir con rigor o fluxo real de peregrinos.

Estes sensores instalados nos Camiños Francés, o Camiño do Norte e o Camiño Primitivo permiten indicar que o fluxo de peregrinos está a crecer e a media de peregrinos que circulan por estas rutas representan un valor medio de 1,70 peregrinos por cada Compostela emitida ata finais do mes de outubro.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...