IniciosociedadeRefachos de 150 Km/h en Viveiro durante o temporal

Refachos de 150 Km/h en Viveiro durante o temporal

Na estación de Burela rexistráronse ventos de 100 Km/h

Publicada o

- Advertisement -

A fronte que afecta este martes a Galicia, e que mantén boa parte do litoral atlántico en alerta laranxa, deixou nas últimas horas refachos de vento de máis de 150 quilómetros por hora na Costa da Morte e na Mariña.

Segundo os datos feitos públicos por Meteogalicia, a estación da Gándara en Vimianzo  rexistrou un refacho máximo de vento de 150,6 quilómetros por hora na mañá deste martes. A mesma intensidade rexistrouse de madrugada na estación de Penedo do Galo en Viveiro.

Nas estacións de Burela, Lira-Carnota e Curtis rexistráronse tamén intensidades de vento moi encima dos 100 quilómetros por hora.

No caso das choivas acumulados, o valor máis alto rexistrouse na estación de Cee-Brens, con 79 litros por metro cadrado; na de Santa Comba-Fontecada acumuláronse 69,2 litros por metro cadrado e en Rois, acumuláronse 50,6 litros.

Este martes mantense activo o aviso laranxa por mar de vento, vento e ondada no litoral oeste da Coruña, e nas Rías Baixas. No resto do litoral hai aviso amarelo, e tamén aviso amarelo por choivas e vento na provincia da Coruña, centro de Lugo e áreas montañosas de Lugo e Ourense; así como aviso amarelo por vento no sur das provincias de Lugo e Ourense.

A situación meteorolóxica levou aos concellos afectados a adoptar medidas preventivas. Por exemplo, a cidade de Santiago manterá pechados os seus parques, do mesmo xeito que a de Vigo, cuxo Concello tamén cancelou as actividades municipais ao aire libre e avisou de que, se a situación mantense ás 17.00 horas, non se porá en marcha a nora de Nadal.

Na Coruña, ademais dos parques, xardíns e instalacións municipais ao aire libre, permanecerán pechados tamén o mercadillo de Nadal de María Pita e o mercadillo de Vos Mallos.

O Concello de Corcubión informou da caída dunha árbore de grandes dimensións na estrada CP-2801, o que obrigou a cortar esta vía, ao seu paso polo lugar da Redonda, e pediu que se extremen as precaucións nas estradas.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...