IniciosociedadeO novo dique de abrigo de Morás, en Xove, será licitado en...

O novo dique de abrigo de Morás, en Xove, será licitado en breve sinala a Consellería do Mar

A Consellería do Mar, mediante Portos de Galicia, licitará nos próximos meses as obras para a construción dun novo dique de abrigo no porto de Morás, no municipio lucense de Xove.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Mar, mediante Portos de Galicia, licitará nos próximos meses as obras para a construción dun novo dique de abrigo no porto de Morás, no municipio lucense de Xove.

Así o anunciou este xoves a conselleira do Mar, Marta Villaverde, durante unha visita á dársena. Alí, explicou que esta primeira fase de actuación reforza a seguridade da frota amarrada no porto actual e senta, á vez, as bases para a futura ampliación de pantaláns.

A conselleira detallou que o novo contradique contará cun investimento estimado de tres millóns de euros que o ente público recolle nos seus orzamentos cunha partida plurianual. A consignación para 2026 é de 87.000 euros, de modo que permita a licitación das obras.

Polo que respecta ás características do novo dique, terá unha lonxitude de 224 metros e aliñarase fronte ao actual pechando a dársena. Deste xeito, mellórase o abrigo das embarcacións profesionais con praza actualmente no porto e amplíase a lámina de auga abrigada para que no futuro poida albergar novos pantaláns para a sétima lista.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...