A xuíza do Tribunal de Instancia de Viveiro decretou a posta en liberdade do home detido este domingo por tentar agredir a axentes da Policía Local mentres se atopaba medio espido.
O suceso tivo lugar ao redor das 08.55 horas deste domingo na avenida de Galicia, onde se detivo a este home por atentado, desobediencia e resistencia aos axentes.
O home atopábase moi alterado e propinaba lapotes e patadas aos axentes, que procederon á súa detención, quedando custodiado pola Policía Nacional na Comisaría de Viveiro.
Na mañá de luns pasou a disposición xudicial e o xuíz decretou a súa liberdade, xa que a Fiscalía non solicitou tampouco o ingreso, pero deberá comparecer cada 8 días no Xulgado. Será investigado por resistencia grave á autoridade e atentado.
