IniciosociedadeAprobada no Senado unha moción para que o Goberno reconstrúa o acceso...

Aprobada no Senado unha moción para que o Goberno reconstrúa o acceso á praia de San Bartolo

Catro anos despois do desprendemento de rocas que afectou á escalinata, a entrada á zona en condicións de seguridade segue impedida.

Publicada o

- Advertisement -

PP sacou adiante unha moción na Comisión de Transición Ecolóxica do Senado que insta o Goberno a reparar os accesos á praia de San Bartolo, no municipio lucense de Barreiros, catro anos despois do desprendemento de rocas que afectou á escalinata e impide, desde entón, a entrada á zona en condicións de seguridade. A proposta foi aprobada cos votos a favor de PP e Vox, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG.

No texto, unha iniciativa non vinculante consultada por Europa Press, os ‘populares’ reclaman que o Executivo proceda á retirada das rocas que aínda se atopan na zona e consolide o cantil para evitar futuros derrubes. O accidente produciuse en xaneiro de 2021 e, desde entón, nin se retiraron as rocas nin se traballou sobre o cantil para asegurar a zona, segundo o PP, que argumenta que quen ten que executar estes traballos é o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, competente na materia a través da Demarcación de Costas da Dirección Xeral da Costa e o Mar. Os ‘populares’ lamentan a “falta de interese” do Executivo e do Goberno local, que non foron capaces de “dar resposta nin explicar cando se acometerán as obras”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...