InicioCentralLourenzáA Xunta reivindica a calidade da Faba de Lourenzá

A Xunta reivindica a calidade da Faba de Lourenzá

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, sinalou que esta IXP conseguiu unha produción comercializada de case 14.000 quilos en 2024

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acudiu este sábado á XXXIII Festa da Faba de Lourenzá, onde destacou a calidade da produción amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá.

Así, segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, a responsable autonómica sinalou que esta IXP conseguiu unha produción comercializada de case 14.000 quilos en 2024.

Así mesmo, lembrou que a Administración galega convocou axudas para esta IXP coa finalidade de cubrir parcialmente os sobrecustos que implica producir esta faba galega con estándares de calidade superiores aos comúns, ademais de axudar a paliar os danos provocados polas choivas intensas de primavera de 2024 que afectaron á colleita.

Nesta liña, a conselleira afirmou que a Xunta apoia a este sector a través de medidas complementarias, como liñas de investigación a través do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e accións para o fomento da IXP e para impulsar a incorporación de produtores ao distintivo.

Ademais, apuntou que se traballa na posta en marcha de espazos de especialización e innovación agraria nos diferentes centros dependentes da Consellería.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...