IniciosociedadeUn incendio forestal activo en Barreiros calcina máis de 20 hectáreas e...

Un incendio forestal activo en Barreiros calcina máis de 20 hectáreas e deixa cinco brigadistas feridos

A A-8 permanece cortada entre As Eiras e A Pena.

Publicada o

- Advertisement -

Cinco brigadistas resultaron feridos cando participaban nos labores de extinción do incendio que permanece activo no municipio lucense de Barreiros, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural. As mesmas fontes explicaron que os operarios presentan queimaduras de diferente consideración e que “todos están conscientes”. Foron os cinco trasladados en ambulancia ao Hospital da Mariña. Os cinco feridos son da brigada helitransportada de Castromaior e traballaban no incendio que se declarou ás 16.15 horas na parroquia de San Xusto de Cabarcos. O lume logrou cruzar a canle do río Masma, confirman as fontes consultadas.

Na extinción do lume, que xa calcina máis de 20 hectáreas, traballan dous técnicos, catro axentes, nove brigadas, nove motobombas, tres pas, así como seis helicópteros e tres avións durante as horas con luz. Ademais, no punto atópanse os efectivos da Brif con base en Asturias. Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), o fume obriga a cortar a A-8 desde o quilómetro 524 nas Eiras ao 534 na Pena en sentido crecente en dirección Baamonde. Pola súa banda, o Concello de Barreiros, a través de redes sociais, pediu precaución aos veciños e acatar as ordes dos efectivos que traballan no operativo.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...