IniciosociedadeBarreiros reclama pediatra a ritmo de rock

Barreiros reclama pediatra a ritmo de rock

Nun acto lúdico organizado polo BNG, nais explicaron os problemas que padecen en Lourenzá, Mondoñedo e no municipio barreirense polas deficiencias do servizo de pediatría

Publicada o

- Advertisement -

O BNG celebrou este domingo un acto lúdico e reivindicativo en Barreiros para esixir a cobertura da pediatra que comparten os municipios barreirense, de Mondoñedo e Lourenzá. O evento, pensado para as familias, incluíu un concerto de rock para todos os públicos co músico Pakolas.

No acto interviron nais de dous dos tres concellos para explicar a partir da súa propia experiencia as consecuencias de que o Sergas non substituíse á pediatra.

Partidos políticos, asociacións e pais denunciaron nas últimas semanas que os pícaros dos tres municipios non son atendidos por especialistas en pediatría agás “en casos de gravidade“.

Tamén interviu a voceira dos nacionalistas en Barreiros, Ana Ermida, que insistiu na idea de que a non cobertura da pediatra non responde á falta de profesionais nas listaxes de contratación, como alegou o Sergas, senón á “decisións políticas. As condicións laborais que teñen aquí os especialistas obrígaos a emigrar“, subliñou.

MOCIÓN NO PLENO

Así, dado que entende que se trata dunha cuestión política, o BNG de Barreiros convidou aos presentes a asistir este luns ao pleno municipal, onde se debaterá unha moción específica proposta pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

O colectivo rexistrará iniciativas en todos os termos municipais, ao resaltar que esta situación “pode pasar en calquera deles”. Así, as corporacións de Ribadeo e do Valadouro xa aprobaron reclamar a cobertura dos profesionais sanitarios e un servizo de pediatría de calidade.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...