IniciosociedadeOs Reis visitarán Burela o vindeiro martes

Os Reis visitarán Burela o vindeiro martes

"Trátase dunha visita de especial simbolismo para a nosa vila, estreitamente ligada ao mar, á súa cultura, economía e identidade", destaca o Consistorio nun comunicado

Publicada o

- Advertisement -

Os Reis Felipe VI e Letizia visitarán Burela o vindeiro martes 17 de xuño, segundo informa este Concello lugués, nun acto vinculado á pesca e ao mar. “Trátase dunha visita de especial simbolismo para a nosa vila, estreitamente ligada ao mar, á súa cultura, economía e identidade”, destaca o Consistorio nun comunicado. A presenza da Casa Real supón, segundo reivindica, un “recoñecemento a Burela como un dos centros pesqueiros máis importantes do país”, cun porto e lonxa referentes no sector. Así, subliña que o martes 17 será “un día importante” e agradece esta visita como “un xesto de apoio institucional e un impulso para seguir defendendo a pesca como motor económico, social e cultural do territorio”.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...