IniciosociedadePersoal do Hospital da Mariña critica á xerencia por adoptar medidas "claramente...

Persoal do Hospital da Mariña critica á xerencia por adoptar medidas “claramente insuficientes”

Segundo denuncian, a situación que hai na Mariña está derivada dun concurso de prazas, que deixou varias vacantes neste hospital, pero que agora están xa na fase de cobertura desas prazas que quedaron libres.

Publicada o

- Advertisement -

O movemento Polos Pacientes da Mariña, conformado por persoal do hospital de Burela, criticou á responsable da área sanitaria, Ramón Ares, por “continuar vendendo” os reforzos dos últimos días, que consideran que “non son a solución”. Así, pensan que estas medidas son “claramente insuficientes” e unicamente “parches deficitarios”.

Esta é a resposta, remitida a través dunha nota de prensa, a declaracións realizadas por Ares este xoves ante os medios. Segundo explicou, a situación que hai na Mariña está derivada dun concurso de prazas, que deixou varias vacantes neste hospital, pero que agora están xa na fase de cobertura desas prazas que quedaron libres. Así, espera que neste mes de xuño se complete o persoal e tentarase cubrir as prazas restantes.

Ademais, Ares lembrou que, nestes momentos de falta de médicos está a cubrirse o servizo con facultativos do HULA, nuns casos con desprazamentos dos propios profesionais e noutros con acordos coas diversas áreas para cubrir as ausencias. En contraposición, Polos Pacientes da Mariña recolle que se citaron “masivamente” primeiras consultas de pacientes fundamentalmente de Cardioloxía. Estas primeiras consultas “engrosan as listas de espera de revisións, as cales continúan sendo inaceptables”, reprochou.

Así mesmo, alude a que, no caso de Medicina Interno, no mes de maio enviáronse á planta de hospitalización un facultativo especialista e dous residentes en formación. “Isto permitiu a citación de varias consultas diarias por parte do persoal do centro. Os datos das primeiras consultas que renderá o Sergas en xuño seguro que serán mellores que as de decembro. Os datos das revisións? Continuaremos esperando por eles”, expuxo. Ademais, o colectivo afeou que “non se sabe nada” dos 17 profesionais que tiñan que incorporarse por procesos de oposición iniciados no 2022. “Os procesos seguen sen resolverse”, criticou.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...