IniciosociedadeNovas protestas ante o hospital de Burela polas continuas derivas de pacientes...

Novas protestas ante o hospital de Burela polas continuas derivas de pacientes ao HULA

Os manifestantes advirten de que as listas de espera do centro mariñán "non fan máis que crecer", á vez que "falta persoal".

Publicada o

- Advertisement -

Decenas de profesionais sanitarios do Hospital de Burela concentráronse este venres, por undécimo día consecutivo, ante as portas do centro ante a súa “incapacidade de cubrir as necesidades” da poboación da comarca da Mariña, o cal achacan a “recortes” por parte da Xunta. A través dun comunicado, a xunta de persoal, que é a que convoca estas protestas diarias, denuncia que a falta de persoal e de recursos provoca que os pacientes deban ser trasladados ao hospital de Lugo para un ingreso, “co trastorno que isto implica” tanto para eles como para as familias.

Os manifestantes advirten de que as listas de espera do centro mariñán “non fan máis que crecer”, á vez que “falta persoal”. Neste contexto, critican que, despois de continuas reclamacións, a resposta recibida foi unha “orde verbal de derivación directa de todas e todos a pacientes da área médica subsidiarios de ingreso”. En definitiva, a xunta de persoal solicita que se completen os persoais cos “recursos humanos necesarios” e que paren os “recortes” na sanidade pública.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...