IniciosociedadeCIG-Saúde denuncia a agresión verbal a unha matrona no Centro de Saúde...

CIG-Saúde denuncia a agresión verbal a unha matrona no Centro de Saúde de Burela

Desde o Comité insisten en que o traballo illado provoca situacións de indefensión na traballadora ou traballador

Publicada o

- Advertisement -

No Comité de Seguridade e Saude celebrado o 27 de marzo de 2025 no Hospital da Mariña, CIG Saúde solicitou a Presidencia do Comité de PRL que para minimizar os riscos de traballar en soidade a matrona no Centro de Saúde de Burela, se dotase como mínimo dun/ha PSX en quenda de tarde e doutras medidas sen obter unha resposta positiva.

Desde o Comité insisten en que o traballo illado provoca situacións de indefensión na traballadora ou traballador. Neste sentido, afirman “pode ser obxecto de insultos ou ameazas, pero tamén de agresións físicas ou psicolóxicas por parte de persoas usuarias, como finalmente acontece“.

CIG-Saúde exixe que se traballe en medidas preventivas para evitar que as agresións se produzan, pero “cando se producen precisamos mellorar os sistemas de aviso e comunicación coa instalación de sistemas de alerta e comunicación eficaz no caso de agresión, realizando simulacros e adestramento do persoal periódicos no manexo destas situacións, implantando o botón pánico fóra dos ordenadores, dotando as persoas traballadoras de pulseiras persoais…, apuntan, e entenden que “non basta con castigar á persoa agresora, o que se ten que evitar é que haxa persoas traballadoras agredidas”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...