IniciosociedadeMariña Patrimonio mostrará os resultados das escavacións en Santo Estevo do...

Mariña Patrimonio mostrará os resultados das escavacións en Santo Estevo do Ermo

O acto está organizado por Mariña Patrimonio, Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) e conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación Provincial.

Publicada o

- Advertisement -

 O vindeiro domingo 30 de marzo, terá lugar ás 19:00h unha charla nas Escolas Vellas de Barreiros para falar sobre os resultados da escavación arqueolóxica realizada en Santo Estevo do Ermo. A conferencia estará a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido, director da intervención.

Durante a charla exporanse os achados máis significativos desta escavación, que permitiron afondar no coñecemento da historia e do patrimonio do lugar. Será unha oportunidade para que o público coñeza de primeira man os traballos realizados.

O acto está organizado por Mariña Patrimonio, Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) e conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación Provincial.

Para descargar fotografías da escavación, está dispoñible a seguinte ligazón:
https://photos.app.goo.gl/mw6LmzBoaNNKwG8L6

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...