IniciosociedadeOPONIÓN: Necesidades urxentes dos servizos estableciso no tren Ferrol-Ribadeo

OPONIÓN: Necesidades urxentes dos servizos estableciso no tren Ferrol-Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO FERROCARRIL FERROL-RIBADEO

Como sempre vos explicamos, o principal problema do noso Ferrol-Ribadeo e do resto do Ancho Métrico operado por Renfe (Asturias, Cantabria, Castela-León) é o insuficiente parque de unidades (por culpa da súa fiabilidade), sobre todo diésel, así como a falta de recambios para o mantemento das unidades. Nos meses de xaneiro e febreiro superaronse na nosa liña as 200 supresións, case todas imputadas a avarías e insufiencia de unidades para cumplir os servizos establecidos.

Para a nosa liña non é unha opción esperar á entrega de novas unidades de Ancho Métrico asinadas no controvertido contrato, posto que, ao non estar electrificado o percorrido FerrolRibadeo, non podemos contar prácticamente con elas. Isto xa foi malinterpretado varias veces pola Xunta, queremos supoñer, que dende o descoñecemento.

En vista da situación de emerxencia, queremos lanzar unha proposta que melloraría a situación a curto plazo. En breve, pola finalización da electrificación da liña Benidorm-Calpe de FGV, as unidades da serie 2500 serán postas en venda. Trátase de 6 unidades exactamente iguais ás unidades 2600 de Renfe AM que operan sobre todo en León e Asturias.

Estas unidades de ancho métrico idénticas as xa existentes 2600, poderían mitigar a necesidade imperiosa de material pola que se suprimen servizos habitualmente, e diminuir o típico traslado de unidades de unhas bases a outras ( que xa vos temos contado en ocasións) para “apagar lumes”. Simplemente serían necesarias lixeiras modificacións. Esta iniciativa si sería unha maneira rápida e relativamente económica de buscar solucións aos problemas reais, e non poñer vinilos novos as unidades existentes.

Queremos destacar que xa existiron oportunidades deste tipo, como a venda de unidades dos ferrocarrís autonómicos mallorquíns (serie 61 de SFM), que foron adquiridos por países como Francia ou Kenia, para a súa inmediata posta en servizo. Renfe respostounos no seu día que “só adquiría unidades de estreno”.

Menudas “valentías” as de Renfe; sobre todo tendo en conta o “espectáculo” coa adquisición de novas unidades; así como a situación que sufrimos dende fai máis dunha década, de unidades novas que deron problemas dende o primeiro día. Seguimos mantendo o refrán ferroviario portugués: “Non existen unidades obsoletas, existen unidades mal mantidas”.

Por isto, tamén seguimos insistindo na necesidade de contar con unidades asignadas aos talleres de Ferrol, e que os mesmos conten cos medios necesarios apra realizar as reparacións oportunas, e que as unidades non queden apartadas meses ou anos por falta de recambios. Como usuarios temos observado en varios periodos de tempo que as unidades que permanecen tempo en Galicia, sufren menos avarías que as que trasladan de comunidades veciñas.

Vimos de ver publicadas fai unhas semanas datos de ocupación da nosa liña, as cales, como sabedes, non recoñecemos, ata que chegue o día que se controlen todos os viaxeiros. Falan de un aumento de máis do 29% no tramo Ferrol-Ortigueira, que sabemos perfectamente que é máis, pero imaxinade que este servizo funcionase con fiabilidade e puntualidade cantos poderían ser? Imaxinade deixar atrás os tempos de 100 supresións mensuais

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...