InicioOrientalRibadeoCampaña San Valentín de Acisa Ribadeo

Campaña San Valentín de Acisa Ribadeo

A asociación ribadense sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense

Publicada o

- Advertisement -

Ata o 16 de febreiro segue a campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, que daba comezo o pasado día 6. A asociación ribadense sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. O sorteo non presencial destes agasallos será o 19 de febreiro nas instalacións de Acisa Ribadeo, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado entre o 6 e o 16 deste mes de febreiro”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “foron repartidas 9.000 papeletas nesta campaña, 1.000 mais que o ano pasado. O sorteo será gravado en vídeo e colgado nas nosas redes sociais de Acisa e os gañadores serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.

Cruzado Iglesias dixo: “animamos á nosa veciñanza a celebrar o amor en Ribadeo. A nosa hostalería ten preparados menús especiais para estas datas, tanto o 14 de febreiro como durante toda esa fin de semana”.

Pérez Prada indicou: “mercar no comercio de Ribadeo terá premio un San Valentín mais. Todas aquelas persoas que aínda non o fixeran poden atopar todo o que precisen nos negocios asociados a Acisa ata o vindeiro domingo, 16 de febreiro. Polas súas compras recibirán papeletas para participar no sorteo do vindeiro día 19”.

A presidenta da Acisa agradeceu “a colaboración dos nosos asociados, os restaurantes Javier Montero e San Miguel e o Parador de Turismo, que nos doan estes importantes premios para a campaña de San Valentín”. Os agasallos poderanse disfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento. A campaña Acisa con amor está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...

Ribadeo iniciará en breve as obras na rúa Buenos Aires con apoio da Consellería do Mar e Portos de Galicia

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, agradece a colaboración da Consellería do Mar e...