IniciosociedadeSeis meses de cárcere e multa de 1.000 euros para un veciño...

Seis meses de cárcere e multa de 1.000 euros para un veciño de Viveiro que fixo de mula en estafas bancarias ‘online’

Ao ser a pena de prisión inferior a un ano e non ter antecedentes penais, non terá que entrar. A multa ten prazo para pagala ou será substituída por dez días de cárcere, pero debido á súa insolvencia tampouco tería que cumprila.

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de Viveiro, de orixe guineana, aceptou este xoves unha pena de seis meses de cárcere e unha multa económica de mil euros por un delito de branqueo que capitais, polo que se lle pedía nun principio tres anos de cárcere ou a expulsión do país, ao exercer de mula bancaria para unha estafa cometida a terceiros por hackersO home, que estivo presente na lectura da conformidade por viodeoconferencia, aceptou os cargos aos que se lle engadiu a matización de imprudencia grave, polo que se reduciu a pena imposta.

Ao ser esta inferior a un ano e non ter antecedentes penais, non terá que entrar en prisión a condición de que nos próximos dous anos non cometa ningún delito. Tamén, a multa de mil euros ten prazo para pagala ou será substituída por dez días de cárcere, pero debido á súa insolvencia tampouco tería que cumprila se non volve delinquir.

Os feitos remóntanse a 2021, cando participou nunha estafa efectuada por hackers informáticos a través dun artificio que pirateaba a aplicación móbil dunha entidade bancaria. O acusado facilitou o seu número de conta para recibir os ingresos das vítimas e quedar cunha porcentaxe do diñeiro. Así, recibiu na súa conta dous cargos de 660 e 340 euros, cantidade que xa foi reintegrada á vítima.

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...