InicioEconomíaLucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto "Amas da Terra"

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

O proxecto "Amas da Terra", creado e coordinado pola cociñeira do restaurante A Tafona, que conta cunha Estrela Michelin e dous Soles Repsol, consiste nunha rede de apoio de mulleres galegas produtoras, artesás, mariscadoras, agricultoras e cociñeiras que busca reivindicar o seu traballo e achegarlle valor engadido

Publicada o

- Advertisement -

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo seu proxecto social e gastronómico”Amas da Terra”. Este galardón busca recoñecer a proxectos actuais que son un exemplo, caso de análise e inspiración para os actores do sector gastronómico e agroalimentario da Mariña.

O premio, unha peza de Sargadelos, foi entregado por Rocío López, presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, e Tita Iglesias, presidenta do Colectivo de Gastronomía da Mariña. O acto tivo lugar na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, dentro das xornadas gastronómicas de AMODO. Conversas Arredor da Gastronomía na Mariña.

Amas da Terra

O proxecto “Amas da Terra”, creado e coordinado pola cociñeira do restaurante A Tafona, que conta cunha Estrela Michelin e dous Soles Repsol, consiste nunha rede de apoio de mulleres galegas produtoras, artesás, mariscadoras, agricultoras e cociñeiras que busca reivindicar o seu traballo e achegarlle valor engadido.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña e o Colectivo Gastronómico da Mariña seleccionaron nesta primeira edición a este proxecto por promover a gastronomía como unha ferramenta de acción social e cultural, baseándose en valores como a sostibilidade, identidade, creatividade...así como polo seu recoñecemento do papel gastronómico fundamental da muller, moitas veces invisibilizado.

Premio Merlín

O Premio Merlín, creado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña e o Colectivo Gastronómico da Mariña, nace como unha ferramenta que pretende promover a relación e os intercambios entre profesionais do sector gastronómico da Mariña e outros territorios, así como fomentar a reflexión arredor da gastronomía e do turismo gastronómico desde unha perspectiva actual, aberta e transversal.

O galardón nace no seo das actividades desenvolvidas para dotar dun valor engadido á Mariña como un destino de turismo gastronómico sostible e innovador, como é o caso das xornadas AMODO. Conversas Arredor da Gastronomía na Mariña, no marco no que se desenvolveu o evento da entrega, logo dun día de conferencias abertas ao público de importantes referentes gastronómicos de toda España.

Presstrip 3 decembro

As xornadas AMODO finalizarán esta martes 3 de decembro co desenvolvemento dun press trip orientado a profesionais e xornalistas especializados en gastronomía, chegados de distintos puntos de Galicia e España.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...