IniciosociedadeO BNG pide alegar ao proxecto da A-74 para dotar dun acceso...

O BNG pide alegar ao proxecto da A-74 para dotar dun acceso ao polígono de Barreiros

Os nacionalistas levarán a pleno unha moción para que os servizos técnicos do goberno local tramiten a solicitude antes do 5 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros presentou unha moción -que se debaterá no pleno do vindeiro luns- para que o Concello presente unha alegación ao proxecto da A-74 para que se habilite un acceso desde o polígono industrial da Cruz do Lobo á conexión da autovía proxectada coa A-8.

A voceira municipal e candidata ás eleccións polo BNG, Ana Ermida, argumenta que “se o polígono de Barreiros conta con unha entrada directa que evite os desprazamentos a contrasentido para o acceso aos mesmos, melloraría a competividade das empresas”.

Ermida asegura que, con esta “pequena medida”, o polígono de Barreiros pasaría a converterse “na zona industrial mellor situada en toda a A-8 e na propia A-74, co pulo que iso suporía á zona industrial e as repercusións económicas e sociais que se derivan dese feito”.

A voceira dos nacionalistas barreirenses afirma que dotar ao polígono da mencionada conexión “é tecnicamente posible e economicamente viable, xa que o parque industrial está a escasos 500 metros da conexión”.

DATA LÍMITE

Así, o BNG presenta a iniciativa para “arrincar o compromiso do goberno municipal de que poña os servizos técnicos a traballar nesta proposta e que antes do 5 de febreiro, cando finaliza o prazo de alegacións“, explica a portavoz municipal.

Ermida subliña que “apostar pola política industrial en Barreiros é facer este tipo de xestións e non anunciar implantacións de empresas pantasmas cada catro anos en período electoral”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...