IniciosociedadeA borrasca Bert deixa na Mariña refachos de 100 km/h

A borrasca Bert deixa na Mariña refachos de 100 km/h

Publicada o

- Advertisement -

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso por choivas comezará a primeiras horas da tarde e afectará o noroeste, oeste e suroeste da Coruña, así como ás Rías Baixas e Miño de Pontevedra.

Prevense precipitacións acumuladas de 30 mm nunha hora e de 80 mm en 12 horas. O resto da comunidade, excepto A Mariña e a montaña de Lugo, está en alerta amarela.

Ante as fortes choivas, a administración autonómica recomenda circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas asolagadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Ademais, a alerta laranxa por vento, que afecta o oeste e suroeste da Coruña, ampliouse ás áreas da Mariña e montaña de Ourense. Segundo a AEMET, o fenómeno meteorolóxico adverso deixará refachos de ata 100 km/h.

ALERTAS NA COSTA

Así mesmo, continúa activa a alerta laranxa por costeiros en todo o litoral coruñés e pontevedrés, coa ampliación esta mañá á zona do Miño.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompientes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medida de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...