IniciosociedadeO CIFP Porta da Auga de Ribadeo ofrece cursos para a mellora...

O CIFP Porta da Auga de Ribadeo ofrece cursos para a mellora de competencias dixitais

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, a través da Rede de Centros de Capacitación Dixital, oferta no vindeiro mes de outubro dous cursos totalmente gratuítos para a adquisición e mellora das competencias dixitais básicas da cidadanía. O primeiro será de nivel básico e comezará o día 2, rematando o 15. O segundo será de nivel intermedio e desenvolverase dende o 16 ao 29. Ambos os dous de 16 a 19 horas, aínda que o horario pode ser flexible.

O CIFP Porta da Auga explica que se trata de “cursos de 30 horas que, unha vez superados, conducen á acreditación da cualificación de nivel 2 do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais Dixitalización aplicada á contorna profesional (IFC748_2), válida para bolsas de emprego, oposicións ou concursos. Para realizar os cursos só é preciso non estar nese momento matriculado noutros estudos formais dependentes da Consellería de Educación”.

Pódese realizar a matrícula e solicitar máis información dende a páxina web do centro (www.portadaauga.es), e de luns a venres no propio CIFP Porta da Auga, de 08:30 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.

É unha acción financiada a través de fondos do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes e do programa Next Generation da Unión Europea.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...