IniciosociedadeConclúe a investigación das gravacións a mulleres ouriñando na rúa nas festas...

Conclúe a investigación das gravacións a mulleres ouriñando na rúa nas festas da Maruxaina

A xuíza do caso Maruxaina ordena que a causa siga contra un sospeitoso. O auto sinala que os feitos do 2019 podían ser constitutivos dun delito de produción, distribución e tenencia de material pornográfico, xa que eses vídeos foron subidos a webs pornográficas.

Publicada o

- Advertisement -

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro concluíu a investigación sobre as gravacións a mulleres ouriñando na rúa durante as festas da Maruxaina, en San Cibrao(Cervo), que foron subidas a páxinas web pornográficas. Ademais, ordenou que a causa se siga contra un sospeitoso. Os feitos, correspondentes ao ano 2019, poderían ser constitutivos dun delito de produción, distribución e tenencia de material pornográfico, segundo o auto (que aínda non é firme) do que informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O caso prescribía en agosto deste mesmo ano.

En concreto, a xuíza ordenou que se continúe cos trámites do procedemento abreviado fronte a un único sospeitoso e trasladou as actuacións á Fiscalía e ás acusacións particulares personadas (entre elas, a Asociación Mulleres en Igualdade de Burela-Bumei) para que no prazo de 10 días soliciten a apertura de xuízo oral cos seus correspondentes escritos de acusación, pidan o arquivo da causa ou, mesmo, a práctica de dilixencias complementarias.

O caso Maruxaina remóntase ás festas do ano 2019, tras as cales algunhas das vítimas atoparon vídeos seus nunha páxina web de pornografía de pago nos que se lles podía recoñecer ouriñando na rúa. As afectadas foron presentando denuncias e en marzo de 2021, o Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro arquivou o caso ao considerar que as gravacións “non constituían un delito por ser realizadas nun lugar público no que podían ser vistas por calquera”. A decisión creou un gran malestar na rúa e levou á convocatoria de mobilizacións sociais.

Tempo despois, a Audiencia Provincial de Lugo reabriu o caso xa que consideraba “comprometida” a intimidade das vítimas. Practicáronse entón as dilixencias pedidas por Fiscalía e acusación e entre 2022 e 2023 volveuse a tomar declaración a moitas das afectadas. O pasado mes de marzo, a Policía Xudicial acordaba investigar a entre cinco e seis persoas identificadas por un informe pericial informático que encargou a asociación Bumei.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...