IniciosociedadeLourenzá abre o prazo para as viaxes do Imserso

Lourenzá abre o prazo para as viaxes do Imserso

Os interesados poden facer as súas solicitudes na área de servizos sociais ata o 14 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá abriu o prazo para solicitar a participación no Programa Turismo Social Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) correspondente a 2018/19.

“Todas aquelas persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 que desexen viaxar por pracer poden facer a súa solicitude a través da traballadora social do Concello”, anunciou a alcaldesa laurentina, a socialista Rocío López.

O programa ofrece varias posibilidades. Hai destinos de costa peninsular e insular, como Canarias e Baleares, ou turismo de interior. As persoas interesadas deberán valerse por si mesmas e non padecer trastornos que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso das quendas.

Os solicitantes terán que presentar as súas peticións no departamento de servizos sociais do Concello de luns a venres, en horario matinal. A praza límite para anotarse é o día 14 de xuño.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...