IniciosociedadeMiguel Vieito, avogado: "buscamos que se respecten os dereitos e desexos das...

Miguel Vieito, avogado: “buscamos que se respecten os dereitos e desexos das persoas con discapacidade”

Miguel Vieito, avogado, será unha das persoas que presenten en Burela unha palestra o día 26 de abril sobre os dereitos das persoas con discapacidade. En si, será unha palestra promovida por FEGADACE (Federación Glaega de Dano Cerebral Adquirido) e presentaranse cambios normativos con respecto aos dereitos das persoas que sofren tanto dano cerebral adquirido como outro tipo de diversidade intelectual ou funcional.

Publicada o

- Advertisement -

-Cales son os principais eixos da palestra que FEGADACE quere anunciar sobre cambios normativos respecto persoas con dano cerebral?

Falaremos da Guía Legal que FEGADACE aprobou a respecto dalgúns aspectos legais relacionados coa discapacidade. Empregamos a lei 8/2021, seguramente a norma máis importante sobre esta materia destes últimos anos, mais tamén abordados calquera cuestión legal que afecta a todas as discapacidades como son o IRPF, o patrimonio protexido da persoa con discapacidade ou a propia determinación do grao de discapacidade, elementos que non se recollen dentro da lei.

-Estas persoas eran moi vulnerables até o de agora?

Desde o ano 2000 o avance en dereitos para estas persoas é moi importante. O fito máis importante vén do ano 2006 e é un convenio denominado ‘Convenio de Nova Iorque’. Este documento afonda deliberadamente nese sentido mais en España non chegou ao máis profundo da cuestión, houbo modificacións puntuais dalgunha norma. Esta lei de 2021 busca que se aplique o convenio. Máis do 75% de sentenzas relacionadas cos mal chamados procedementos de incapacitación substituían á persoa para todo, sacabas a persoa do medio, para algunhas persoas podería servir mais había outras que lles quitaba capacidade de decisión pois si tiñan esa capacidade. A nova norma busca potenciar os dereitos destas persoas e que os seus valores e desexos sexan protagonistas de todo o proceso. Esta nova norma quere avanzar no pouco que quedaba por avanzar.

-Cales son os principais dereitos onde se avanzou máis dentro deste colectivo de persoas?

Por exemplo a extensión do dereito ao voto, agora calquera destas persoas pode exercer o seu dereito a votar. Hai anos prohibíronse as esterilizacións forzosas das mulleres con discapacidade ou a modificación do artigpo 49 da Constitución que usaba terminoloxía moi arcaica. O cambio máis importante é que a persoa poida facer valer os seus dereitos e opinións, mesmo cando esas decisións parecen equivocadas. O reto está en apoiar unha persoa mesmo cando toma unha decisión equivocada.

-Hoxe en día unha persoa cunha discapacidade como pode facer valer os seus dereitos dentro dun ambiente familiar que lle é tóxico?

Se hai algo que nos garante é, que se a nosa familia nos quere someter a unha ‘titoría’, unha das probas imprescindibles para ese procedemento é o testemuño da persoa, vai poder falar sempre, explicarlle ao xuíz a súa opinión e vaino poder facer dunha maneira accesible. A norma avanza moitísimo nunha figura que se chama o facilitador, quen dentro do xulgado asegúrase que o xulgado entenda a situación e que a persoa entendenda non só as palabras senón todo o contexto. Antes tiñamos a figura da fiscalía que entre outras cuestións, tiña que defender as persoas en risco de vulnerabilidade. A lei tamén aposta pola vontade manifestada libremente. Pódese facer un poder preventivo mediante un apoio notarial onde se especifique que a persoa escolle a alguén para representala e que terá tanto ou máis valor que o dito pola miña familia.

-A sociedade está preparada para asumir unhas posicións como as que me describes?

Para algunhas persoas vai ser un reto intelectual e persoal: “moléstame que me digas isto”. Antes podíaselle quitar a voz a unha persoa con certa discapacidade, era unha opción fácil e cómoda para a familia mais non era garantista. Por iso hai moitas persoas, xuíces e xuízas, avogados e avogadas que debemos afacernos a aplicar e aceptar esta lei que está en liña cos dereitos humanos.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...