IniciosociedadeForte vento na Mariña polo temporal

Forte vento na Mariña polo temporal

Publicada o

- Advertisement -

O temporal que mantén este venres en aviso laranxa a toda a costa galega deixou xa ondas de 6 metros fronte ao litoral da cidade da Coruña e ventos que alcanzaron o 102,5 km/h en Viveiro.

Así o recollen os medidores de Portos do Estado e Meteogalicia na mañá deste venres, nas que tamén se rexistran intensas choivas con 26,2 l/m2 en Abadín. Na costa, a estación de Penedo do Galo, en Viveiro, captou un refacho de 102,5 km/h ás 09,10 horas, mentres que en Cedeira rozáronse o 100 km/h.

Tamén sopra con forza na montaña de Lugo e Ourense, con picos máximos de 102 km/h en Muras e de 92,1 km/h en Manzaneda.A inestabilidade no mar causou forte ondada con picos de 6,5 metros nas illas Sisargas e de case 6 no litoral da Coruña. No sur, abóialas de Cabo Silleiro rexistraron máximos de 4,5 metros.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...