IniciosociedadeAnunciadas as melloras de capacidade na LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

Anunciadas as melloras de capacidade na LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado para mellorar a capacidade e a seguridade da estrada LU-540, entre Viveiro e Cabreiros.

Así, acondicionarán esta estrada ao longo de 35 quilómetros que se realizarán en dúas fases e suporá un orzamento de 15 millóns de euros. As obras da primeira fase teñen previsto licitalas nas próximas semanas.

Esta publicación recolle o acordo aprobado na reunión do Consello da Xunta o pasado 25 de xaneiro, no que tamén aprobaron o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas pola execución desta intervención.

Actualmente, o tramo interurbano da estrada, a partir do punto quilométrico cinco, unha vez pasado Landrove, presenta unha alta porcentaxe de prohibición de adiantamento, dun 73% en sentido Lugo e dun 83% en sentido Viveiro, e ten curvas de radio reducido.

Segundo informou a Xunta, con esta aprobación reduciranse os tempos de percorrido a través da implantación de carrís adicionais de adiantamento en rampla naqueles tramos nos que a pendente supere o 3% e ampliando a capacidade.

Ademais, rectificasen as curvas máis complicadas, ampliando os radios, de modo que todo o trazado permita circular a 90 km/h.

Os obxectivos da actuación son reforzar a competitividade territorial das comarcas da Mariña e da Terra Chá, mellorar a seguridade viaria dos condutores e ofrecer aos veciños desprazamentos máis eficientes.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...