IniciosociedadeAlerta amarela na Mariña pola entrada dunha borrasca do noroeste

Alerta amarela na Mariña pola entrada dunha borrasca do noroeste

Publicada o

- Advertisement -

A chegada dunha profunda borrasca polo noroeste da comunidade porá este mércores e xoves a Galicia en alerta por vento e choivas intensas.

Así, a partir da tarde do mércores, a borrasca activará a alerta amarela nas zonas da Mariña e Noroeste da Coruña por vento, mentres que o aviso por vento no mar estenderase a toda a costa galega. Xa o xoves, a xornada quedará marcada polos fortes ventos e as choivas intensas. Activarase o aviso amarelo por concentración de precipitacións en 12 horas no oeste e suroeste da Coruña e en toda a provincia de Pontevedra.

Ademais, toda Galicia estará en alerta amarela por vento, que será laranxa na Mariña e nas montañas de Lugo e Ourense. Así mesmo, o aviso por vento no mar tamén será laranxa en toda a comunidade ata as 15 horas, cando se prevé que baixe a amarelo ata as 21,00 horas.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...