IniciosociedadeA Xunta de Persoal do Hospital da Mariña apoia a manifestación en...

A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña apoia a manifestación en defensa da sanidade pública

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha gran mobilización para este domingo contra o desmantelamento da Sanidade Pública. Unha convocatoria lanzada tras constatar que os orzamentos da Xunta para o ano 2024, lonxe de responder ás necesidades reais da sanidade pública galega, consolidan a actual situación de “debilitamento e privatización”.

A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña nunha xuntanza celebrada este mércores e co voto a favor (agás da CSIF) de CCOO, UGT, USAE, SATSE e CIG, apoia a manifestación a celebrar o domingo 4 de febreiro ás 12 horas en Santiago de Compostela convocada pola Plataforma SOS Sanidade Publica.

“Chegou o momento de concentrar os esforzos de toda a cidadanía e colectivos sociais e profesionais, por encima das lóxicas e lexítimas diferenzas, nunha gran manifestación de defensa da sanidade publica galega e contra o seu deterioro e privatización”, afirman.

“Agardamos unha resposta masiva da cidadanía e de colectivos sociais e profesionais que free e faga retroceder a política de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público aplicada e chamamos a cidadanía da Comarca da Mariña a mobilizarse unha vez mais en defensa da Sanidade Publica”, conclúen.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...