IniciosociedadeO Castelo de Castrodouro atraeu 9.300 turistas no 2018, 2.300 no Mercado...

O Castelo de Castrodouro atraeu 9.300 turistas no 2018, 2.300 no Mercado Medieval

A área de cultura do Concello de Alfoz sinala que as cifras son similares ás do ano 2017

Publicada o

- Advertisement -

A oficina de turismo do Castelo de Castrodouro rexistrou máis de 9.300 visitas ao longo do 2018, segundo informou nun comunicado o Concello de Alfoz.

A área de cultura do goberno local asegura así que o monumento “mantivo así unha actividade turística similar á do ano anterior“, polo que o balance é “moi positivo”. 

Durante as xornadas ordinarias de apertura da oficina de turismo rexistráronse 7.014 visitas, ás que se suman as máis de 2.300 visitas rexistradas durante a xornada do sábado do vixésimo Mercado Medieval.

A nivel estatal, os visitantes que se achegaron a Alfoz durante este ano 2018 proceden principalmente de Galicia, Madrid, Castela e León e Asturias. Cabendo destacar tamén a afluencia de andaluces, cataláns e vascos.

No tocante aos visitantes internacionais, recibíronse visitas principalmente dende Alemaña, Arxentina, Bélxica, EE. UU., Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Portugal e Reino Unido.

HORARIO

Durante o período de Nadal, o Castelo do Castrodouro permanecerá aberto mércores 2, xoves 3 e venres 4 de 11 a 14 horas e o sábado 5 de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Durante o resto do ano, poderá visitarse sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. En Semana Santa e durante os meses de xuño a setembro os días de apertura serán de martes a domingo.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...