IniciosociedadeDenuncian a derivación de máis de 200 pacientes da Mariña a rehabilitación...

Denuncian a derivación de máis de 200 pacientes da Mariña a rehabilitación no Polusa en Lugo

A área tan só conta cun profesional desta especialidade para atender a unhas 75.000 persoas, cando o recomendado sería un por cada 35.000.

Publicada o

- Advertisement -

O sindicato CIG Saúde A Mariña denuncia que máis de 200 pacientes da comarca foron derivados, desde o mes de novembro de 2022, ao Servizo de Rehabilitación do POLUSA, obrigando deste xeito aos mariñaos e mariñás a que teñan que desprazarse até a Lugo para beneficio, ademais, da sanidade privada.

Para a CIG Saúde esta práctica supón unha privatización encuberta dos servizos sanitarios que se deberan prestar no sistema público, pois a maiores, despois dos pacientes seren valorados en rehabilitación do hospital privado, son derivados para tratamento de fisioterapianon na sanidade pública de Mariña, senón directamente a clínicas privadas, unha en Viveiro, outra en Foz e outra en Ribadeo”.

Consecuencias de non ter Área Sanitaria propia

A CIG Saúde destaca que non ter unha área sanitaria propia implica “non contar co poder de decisión e co orzamento propio para manter os servizos na comarca, os cales se destinarán a aumentalo nos grandes hospitais e na sanidade privada”. Engaden tamén que “isto é unha decisión política, unha decisión co obxectivo de desmantelar unha sanidade próxima a nós, nunha comarca cunha dispersión xeográfica como a nosa”.

A CIG-Saúde A Mariña lembra que o 30 de agosto de 2017 José Manuel Balseiro explicou que a reforma da Lei de Saúde e a supresión da Área Sanitaria da Mariña, lonxe de debilitar a nosa sanidade, permitiría seguir ampliando a oferta de recursos cunha atención máis próxima, “algo que no día a día vemos que é unha mentira máis do Partido Popular”, sinala sinala o sindicato.

Xunto a isto apunta que o 6 de setembro de 2017 o anterior Conselleiro de Sanidade afirmaba que con esta reforma sanitaria, “avanzariamos” nun maior número de actividades que se poidan levar a cabo na Mariña evitando dese xeito os desprazamentos dos cidadáns, “unha nova mentira do Partido Popular”.

Plan urxente de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia na comarca

O sindicato nacionalista esixe explicacións á Dirección do Hospital da Mariña e un plan urxente de mellora da rehabilitación e fisioterapia na comarca. “Cómpre abordar o abandono da rehabilitación e fisioterapia, erradicar as listas de espera e dar solución á situación das persoas derivadas polo Sergas”, aseveran.

A CIG Saúde reclama entre outras medidas:

Ampliación e renovación do Servizo de Rehabilitación do Hospital da Mariña, con máis espazo, máis recursos humanos e renovación dos recursos materiais. Dotar o Hospital da Mariña de “dous médicos rehabilitadores”, xa que na actualidade só hai un para unha poboación de máis de 70.000 habitantes.

Habilitar fisioterapia no Centro de Saúde de Burela, inexistente a día de hoxe. Esta carencia coloca nunha situación de desigualdade as/os pacientes de Burela respecto doutros Concellos, xa que as e os médicos de familia de Burela non poden prescribir rehabilitación nos casos que establecen os protocolos SERGAS, coma nos outros Centros de Saúde. Este feito provoca a saturación do servizo de rehabilitación do Hospital da Mariña ao ser o centro de referencia para as veciñas e veciños de Burela.

– Habilitar fisioterapia no Centro de Saúde de Ribadeo pola tarde.

– Habilitar fisioterapia no Centro de Saúde de Mondoñedo pola tarde.

– Fisioterapia respiratoria infantil na Mariña, sen ter que desprazarse a Lugo.

– 2 fisioterapeutas máis no Centro de Saúde de Foz, 1 máis de mañá e 1 máis de tarde.

Dende CIG Saúde A Mariña tamén esixen coñecer os cartos derivados á sanidade privada para fisioterapia e rehabilitación, solicitan que o servizo sexa 100% público, “o único que garante calidade e equidade” e a contratación de máis persoal cos cartos inxectados de forma encuberta para favorecer a sanidade privada.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...