InicioCentralMondoñedoMondoñedo acollerá o curso de verán "II Encontro Álvaro Cunqueiro" organizado pola...

Mondoñedo acollerá o curso de verán “II Encontro Álvaro Cunqueiro” organizado pola USC

No marco do curso presentarase un novo libro de Cunqueiro: O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), do que se responsabilizou Armando Requeixo, quen estará acompañado por Xina Vega e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, que publica a obra.

Publicada o

- Advertisement -

A Universidade de Santiago de Compostela, dentro da programación de Cursos de Verán, desenvolverá o «II Encontro Álvaro Cunqueiro. Cunqueiro e familia», un evento no que se darán cita en Mondoñedo os vindeiros 1 e 2 de xullo algúns dos maiores especialistas na obra do escritor mindoniense.

O curso, no que tamén participan como entidades colaboradoras tanto o Concello de Mondoñedo como a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, terá como sede o Auditorio Pascual Veiga da cidade e para asistir ao mesmo cómpre matricularse previamente na web oficial da USC (https://www.usc.gal/gl/servizos/cultura/veran#MONDO%C3%91EDO) antes do 17 deste mes de xuño. A todas as persoas matriculadas que asistan ao curso a USC concederalles un certificado validable por horas de formación e un crédito universitario.

Entre os conferenciantes e relatores atópanse Carmen Blanco, Manuel Lourenzo, Isabel Morán, Patricia Arias Chachero, Miguel Anxo Seixas Seoane, Francisco López Barxas, Xe Freyre, Concepción Sanfiz Fernández, Miguel González Somovilla, Antonio Gamoneda, María López Sández, Saturnino Valladares e Víctor F. Freixanes, que se ocuparán das conexións literarias entre Cunqueiro e outros grandes da escrita como Shakespeare, Rosalía, Dante, Pessoa ou Castelao, entre outros.

Está previsto tamén un recital poético-musical no que participarán poetas de tanto relevo como Antonio Gamoneda, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo, Luís Valle ou o fillo do autor, o tamén escritor César Cunqueiro, o recitado dos cales amenizará musicalmente o dúo formado por Rebeca Maseda e Iván Siso.

No marco do curso presentarase un novo libro de Cunqueiro: O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), do que se responsabilizou Armando Requeixo, quen estará acompañado por Xina Vega e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, que publica a obra.

Fóra de programa haberá unha actuación do contacontos Cándido Pazó ás 22:30h da noite do venres 1 na Praza da Catedral, á que poderá asistir todo o público que o desexe, pois a entrada é libre e gratuíta. Este II Encontro Álvaro Cunqueiro está dirixido por Armando Requeixo e secretariado por Laura Caamaño e Abel Vigo.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...