InicioOccidentalViveiroViveiro organiza xunto co CIM o programa "Educando nunha boa sexualidade"

Viveiro organiza xunto co CIM o programa “Educando nunha boa sexualidade”

“É esencial poñer a disposición do alumnado as ferramentas necesarias para camiñar na senda dunha boa sexualidade, repercutindo tamén nunha sociedade máis igualitaria. Agradecemos aos centros educativos o seu interese e compromiso neste proxecto”, sinala a responsable de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Muller do Concello de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, acompañou hoxe ao alumnado nunha das sesións do programa “Educando nunha boa sexualidade” no IES Vilar Ponte.

Este programa está organizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a concellería de Muller do Concello de Viveiro, en aplicación dos fondos do Pacto de Estado 2021, e en colaboración cos IES Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro.

O proxecto, a cargo da experta en Educación sexual Raquel Graña Fernández, comezou no mes de marzo e estenderase ata o mes de xuño. Cada un dos grupos traballará ao longo de 9 sesións, dirixidas ao alumnado de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Formación Profesional Básica. A iniciativa céntrase na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual adecuada e sa.

“É esencial poñer a disposición do alumnado as ferramentas necesarias para camiñar na senda dunha boa sexualidade, repercutindo tamén nunha sociedade máis igualitaria. Agradecemos aos centros educativos o seu interese e compromiso neste proxecto”, sinala a responsable de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.

As sesións buscan a aprendizaxe sobre conceptos como o sexo, o erótico, a sexualidade, a orientación e a identidade. Tamén se abordarán o coñecemento e a aceptación propia, a identificación de estereotipos, a influencia dos medios sobre a imaxe ou os mitos sobre o amor erótico. Completan o programa obxectivos como a xestión dos celos, do abuso e control; así como métodos anticonceptivos e prevención das infeccións de transmisión xenital.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...