IniciosociedadeBurela, epicentro da loita contra a parada cardíaca

Burela, epicentro da loita contra a parada cardíaca

Unhas 350 persoas participaron nunha xornada formativa que se celebrou por primeira vez fóra de Santiago de Compostela

Publicada o

- Advertisement -

Burela converteuse por un día no epicentro da loita contra a parada cardíaca, ao acoller a xornada que se celebra cada ano a nivel galego para concienciar sobre este problema. Foi a primeira vez que se celebrou esta actividade educativa fóra de Santiago de Compostela.

Coa iniciativa, que impulsan a Consellería de Sanidade e a Fundación Urxencias Sanitarias 061, os asistentes aprenderon nocións básicas para actuar en casos de paro cardíaco. Os organizadores quixeron premiar o compromiso do Concello de Burela coa cardioprotección.

Participaron no acto, celebrado na praza do Concello, case 350 persoas: 150 nenos de primaria, 150 estudantes de secundaria e 25 profesores, máis 20 docentes de soporte vital básico.

Xornada da parada cardíaca. AXM

PRESENZA DO PESCADOS RUBÉN

Ademais, tamén colaboraron integrantes dos equipos masculino e feminino do Pescados Rubén Burela FS, unha presenza que agradeceu o Concello. 

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, e o concelleiro de deportes, Ramiro Fernández, destacaron “a importancia” e de que un evento se celebre por primeira vez fóra da capital galega, e a “satisfacción” de que os organizadores escollesen o municipio.

MOBILIARIO PARA O HOSPITAL

O Sergas adquiriu, por un importe de 140.000 euros, camas de hospitalización, mesas e sillóns de acompañante para as habitacións da zona ampliada do Hospital da Costa.

As obras de ampliación están “a piques de rematar”, sinalan desde o Sergas, que espera que “a empresa construtora as entregue nas próximas semanas”. 

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...