IniciosociedadeEstudantes do Occidente asturiano protagonizan un pleno infantil no Parlamento

Estudantes do Occidente asturiano protagonizan un pleno infantil no Parlamento

Escolares de cinco centros foron deputados por nun día nunha actividade do décimo Foro Comunicación y Escuela

Publicada o

- Advertisement -

Estudantes dos centros educativos da comarca Oscos-Eo protagonizaron este martes un pleno infantil no hemiciclo da Xunta Xeral do Principado de Asturias, en Oviedo.

Nunha actividade enmarcada dentro do Foro Comunicación y Escuela que impulsa o IES Elisa y Luis Villamil de Vegadeo, alumnado dos centros CRA Ría del Eo, CRA Oscos, CRA Occidente, Colegio Jovellanos, Colegio La Paloma e do propio centro impulsor exerceron por un día de deputados.

Os estudantes, de primaria e secundaria, sentaron nos escanos para propoñer medidas necesarias a aprobar no Parlamento asturiano. Os escolares presentaron así e debatiron as súas propostas, cun protocolo que seguiu os procedementos habituais nunha sesión plenaria.

RECEPCIÓN

Antes, o alumnado foi recibido polo presidente da Cámara, Pedro Sanjurjo. A décima edición do foro segue a proporcionar experiencias novidosas aos estudantes do Occidente de Asturias.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...