InicioCulturaTeatro, memoria e mercados nunha fin de semana máis longa

Teatro, memoria e mercados nunha fin de semana máis longa

O teatro infantil, un roteiro sobre os irmáns Vilar Ponte en Viveiro, a Queima dos Fornos da Pontenova ou a Festa da Horta de Ribadeo forman parte da axenda na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

A fin de semana comeza desta vez por anticipado aproveitando a festividade do venres. A compañía de monicreques Trompicallo representará o espectáculo infantil Planeta Ardora na Casa da Cultura de Burela ás 18:00 horas.

SÁBADO: FEIRA DO MEL E ROTEIROS

O sábado, O Valadouro celebra en Ferreira a súa tradicional Feira do Mel. Os postos da feira abrirán ás 10 da mañá e, a diferenza doutros anos, a venda continuará pola tarde. A axenda da xornada complétase con diferentes actividades como un obradoiro de velas e unha degustación de freixós con mel. Ademais, desenvolverase unha conferencia sobre o control da velutina na que participirán Marifé Sixto, o investigador da USC Xesús Feáns e José María Vázquez, xerente da empresa Serpa.

Á tarde, Viveiro acollerá un roteiro sobre os irmáns Vilar Ponte. O historiador Carlos Nuevo Cal guiará aos asistentes nun percorrido urbano que saíra da estación de autobuses e que seguirá os pasos dos fundadores das Irmandades da Fala. A actividade organizada por Causa Galiza encádrase no marco das conmemoracións do centenario da I Asemblea Nacionalista de 2018.

A axenda do día ten dúas citas nocturnas. Vegadeo acolle o cuarto encontro de Cantares de Barra da Veiga. Dez grupos de Ribadeo e do Occidente asturiano percorrerán os establecementos hosteleiros da localidade para amenizar a noite con música popular.

Na madrugada, a partir das 00:45 horas, comeza o espectáculo visual da Queima dos Fornos na Pontenova. As orquestras Lume e Capitol actuarán na Praza durante a noite. As festas na localidade continuarán o domingo, coa música das orquestras Compostela e París de Noia.

DOMINGO DE MERCADOS, TEATRO E FÚTBOL

Ribadeo celebra a Festa Horta coa que rematan os mercados dos domingos que se desenvolveron nos meses de verán para promocionar o consumo de proximidade e os canais de comercialización directos. Os dezoito postos do mercado instalaranse diante da Praza de Abastos. Durante a mañá realizarase un obradoiro de cestería e degustacións de productos local. Tamén haberá zume de mazá artesá, castañas asadas e un concerto de Frankliln Soul. As 12:00 horas, lera o pregón Elia Rodríguez Álvarez, fundadora da finca As Fadegas nas Anzas e pioneira na agricultura ecolóxica en Galicia.

Á tarde, comeza na localidade a Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón que, por primeira vez, está dedicada integramente aos nenos e nenas. A primeira representación do ciclo será Choruma, un espectáculo para pícaros ata os 4 anos da compañía ourensá Trécola que poderá verse no Cine Teatro.

De volta a Burela, outras citas da fin de semana e o rastro solidario de segunda man, que se organizará na Praza da Mariña ou na antiga Praza de Abastos, en función do tempo. A doazón dun quilo dalgún producto ao banco de alimentos municipal bastará para participar na venda.

O comercio e a hostalería de Foz reivindicarse este domingo no Martínez Otero. O Centro Comercial Aberto de Foz convidará a café a todos os asistentes ao encontro entre o CD Foz e o San Tirso, e sorteará 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

ÚLTIMAS

José María Leal: “O marqués de Sargadelos foi socio de corsarios”

-A súa palestra sobre 'pirataría ao corso' fala sobre dúas figuras que se confunden...

Tres acusados dun homicidio imprudente en Alcoa en 2017 aceptan un ano de prisión e un cuarto enfróntase a dous anos

Catro persoas sentáronse este mércores no banco dos acusados do xulgado do Penal 2...

O propietario de Sargadelos volve pedir o peche das instalacións

O dono de Sargadelos, Segismundo García, criticou aos sindicatos que este martes se reuniron...

Ribadeo licitará as obras de mellora en dous pavillóns deportivos

Ribadeo licitará nos vindeiros días as obras de mellora en dous pavillóns deportivos: o...