InicioTapia busca xestor para o albergue de peregrinos municipal

Tapia busca xestor para o albergue de peregrinos municipal

O prazo para presentar as propostas remata o 24 de maio e o canon mínimo esixido é de 2.500 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Tapia de Casariego sacou a concurso a xestión do albergue de peregrinos municipal, que ata agora xestionaba de forma directa. O goberno local xustifica a decisión no aumento do número de usuarios e na necesidade de mellorar a calidade do servizo.

O anuncio de licitación fixa un canon mínimo de 2.500 euros para a adxudicación do contrato, dun ano de duración e prorrogable por dous máis. O concesionario deberá manter as instalacións abertas durante alomenos once meses ao ano e encargarse da súa limpeza e mantemento, ademais de recibir e atender directamente aos peregrinos, que agora recollen as chaves na oficina de turismo da vila.

O prazo para a presentación de ofertas por parte dos interesados abriuse o pasado 14 de maio e pecharase o vindeiro día 24, ás 14.00 horas.

3.000 VISITAS O ANO PASADO

O albergue, un edificio de titularidade municipal de dúas prantas que conta 30 prazas de aloxamento, está situado nun lugar privilexiado, sobre a praia de Represas, na entrada da vila para os peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. O ano pasado recibiu preto de 3.000 visitantes de diferentes países.

A vila tapiega é un lugar de paso do chamado Camín Bello, unha bifurcación do Camiño Norte que permite recorrer varios quilómetros a carón da costa, desde La Caridad ata a entrada a Galicia por Figueras e Ribadeo.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...