InicioUn cartaz do Marqués de Casariego, premiado nas Lletras

Un cartaz do Marqués de Casariego, premiado nas Lletras

O alumnado de 3º da ESO do centro tapiego elaborou 'Fala na fala', gañador do primeiro premio

Publicada o

- Advertisement -

Os estudantes de 3º da ESO do Instituto de Enseñanza Secundaria (IES) Marqués de Casariego veñen de ser recoñecidos co primeiro premio no certame de creación de cartaces incluído na trixésimo novena edición da Semana das Lletras Asturianas, impulsada pola Consejería de Educación y Cultura.

O alumnado do centro tapiego obtivo o primeiro posto nesa categoría pola súa obra ‘Fala en fala’, no que mesturan distintas fotografías co lema do cartaz e destacan palabras na lingua como señardá, bidureira ou ameicer.

O CPEB DE BOAL, TAMÉN DISTINGUIDO

O estudantado do Colegio Público de Enseñanza Básica (CPEB) Carlos Bousoño, de Boal, tamén recibiu un galardón. Neste caso, os alumnos gañaron o primeiro premio no apartado de creación audiovisual coa peza ‘Préstame falar’.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...