InicioPolíticaO lixo acumúlase en Ribadeo polos problemas económicos da adxudicataria

O lixo acumúlase en Ribadeo polos problemas económicos da adxudicataria

Soil Recovery, en situación concursal, deixou de retirar os residuos dos contedores amarelos e de recoller cartón

Publicada o

- Advertisement -

Os problemas económicos de Soil Recovery, adxudicataria de varios servizos de limpeza en Ribadeo, están a afectar á retirada do lixo. A empresa –inmersa nun procedemento concursal- deixou de retirar o lixo dos contedores amarelos, que acumulan envases de plástico, latas e bricks, e obrigou á suspensión temporal da recollida de cartón porta a porta.

CONTEDORES AMARELOS

O concelleiro de Xestión de Residuos e Limpeza Viaria, Jorge Díaz, afirmou que o goberno local “traballa para volver á normalidade o antes posible” e que a prioridade é retirar o lixo dos colectores amarelos “que están desbordardos”. “En poucos días poñerase outra empresa para actuar neses puntos en concreto por esixencias de salubridade e control”, afirmou.

o goberno local asegura que traballa para “volveR á normalidade o antes posible”

RECOLLIDA CARTÓN

No tocante ao servizo de recollida de cartón porta a porta –que se viña facendo martes e xoves-, o edil explicou que o concello decidiu “suspendelo de momento por prudencia para non colapsar máis o servizo ata que non se atope unha medida, que nos vindeiros días estará lista”.

CONTRATO

Jorge Díaz aclarou que, malia que a empresa levaba unha tempada con problemas, o concello recibiu este luns a comunicación oficial de que deixaba de prestar este servizo. “Hai uns tempos e formas estipulados pola lei que nos marcan e temos que seguir”, explicou o concelleiro.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

O PSOE ribadense responsabiliza ao goberno local da situación xerada.  O seu secretario xeral, César Fernández Murias, acusa ao alcalde de “falta de previsión e de deixamento” ante un problema previsible xa que, segundo argumentou, “a empresa comunicou hai tempo que ía  deixar de prestar o servizo”.

O PSOE acusa ao goberno local de falta de previsión e deixamento

O socialista explicou  este domingo que “os contedores amarelos levaban máis de tres días sen ser atendidos, acumulando desperdicios e ocasionando malos cheiros, e o punto limpo “outros 10 días”, e incidiu na “pésima imaxe” que ofreceu o municipio en plenas festas patronais. César Fernández demandou a “retirada do lixo de forma urxente”.

LIXO ORGÁNICO

O concelleiro de Xestión de Residuos e Limpeza Viaria precisou que o servizo de recollida de lixo orgánico está a ser realizado por  persoal municipal  “sen ningún problema de funcionamento  nin nada que ver cos servizos que desempeña esta empresa”.

ÚLTIMAS

Foz inviste case 98.000 euros en mellorar camiños de San Martiño e Santa Cilla

O Concello de Foz iniciou os traballos de arranxo de camiños nas parroquias de...

Burela levará a pleno unha nova ordenanza sobre venda ambulante

O Concello de Burela debatirá no vindeiro pleno municipal o texto dunha nova Ordenanza...

Festa labrega en Landrove para este venres coas Olimpiadas Rurais

A parroquia de Landrove será o escenario esta fin de semana da VIII edición...

O comité de Alcoa retomará mobilizacións

O comité de empresa de Alcoa retomará mobilizacións ante a ameaza de despedimentos en...