InicioMovementos SociaisUn cento de persoas reclama melloras do servizo ferroviario nunha viaxe entre...

Un cento de persoas reclama melloras do servizo ferroviario nunha viaxe entre Gijón e Ribadeo

Os usuarios da liña denuncian cancelacións, atrasos e deficiencias nos apeadoiros e nas vías

Publicada o

- Advertisement -

Un cento de persoas participaron este domingo nunha viaxe reivindicativa para esixir a Renfe Feve melloras na liña ferroviaria que cruza o Occidente asturiano, e comunica o Principado con Galicia. Os usuarios aproveitaron o traxecto Gijón-Oviedo-Ribadeo para demandar máis servizos e un mantemento adecuado dos apeadoiros e das vías.

RECIBIMENTO EN RIBADEO

Os viaxeiros –que subiron ao tren en distintas paradas da liña desde as 7:00 h. – chegaron en  torno ás 11:30  á estación de Ribadeo,  onde recibiron o apoio do alcalde, Fernando  Suárez. O rexedor coincidiu cos manifestantes na necesidade de “reivindicar un servizo ferroviario de calidade propio do século XXI”, e propuxo a organización dun “acto conxunto entre usuarios de Galiza e Asturias en Ribadeo”

“Deberamos facer un encontro de Galicia e Asturias en Ribadeo”, suxeriu Fernando Suárez no seu encontro cos usuarios

A mobilización foi convocada pola Plataforma en Defensa do Tren no Occidente de Asturias,  que se creou hai tres anos para dar visibilidade a unha demanda histórica. As cancelacións e atrasos, e as deficiencias en vías e estacións foron precarizando o servizo nos últimos anos.

No entanto,  a extinción de Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha (FEVE) que deixou as infraestruturas e as liñas nas mans de Adif e Renfe “multiplicou os problemas”,  constata Carlos Mayo, representante do colectivo . “En novembro de 2014 suprimíronse servizos co pretexto de reparar e reformar as vías por parte de Adif, pero seguimos esperando que os repoñan”, explica.

O tren que os levou de volta saíu de Ribadeo con media hora de atraso sobre o horario previsto

Os colectivos asturianos sinalan que as carencias son parte dunha estratexia para que o número de usuarios da liña siga reducíndose e xustificar así a supresión do servizo. “Entre outros moitos problemas, atopámonos con que nalgunhas liñas nen sequera se contabilizan os viaxeiros”, argumenta. Unha denuncia manifestada tamén pola Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo.

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Á viaxe reivindicativa sumose na estación de Tapia de Casariego, Ana Vigón, quen ademais ratificar a necesidade de “horarios e frecuencias adaptadas as verdadeiras necesidades dos usuarios”, incidiu nas consecuencias que as deficiencias no servizo teñen tamén no tecido económico do Occidente asturiano.  A rexedora lamentou o incumprimento do convenio asinado entre Ence, FEVE e o Principado de Asturias para “habilitar un ramal de conexión entre a factoria e a liña ferroviaria, que segue sen finalizar”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...