IniciosociedadeA Ruta da Lonxa de Burela esgota prazas para esta semana

A Ruta da Lonxa de Burela esgota prazas para esta semana

O roteiro do martes foi ao completo e non quedan tiquets para mércores, xoves nin venres

Publicada o

- Advertisement -

A Ruta da Lonxa ten poder de convocatoria. É a conclusión tralos dous primeiros días de funcionamento da iniciativa, que organizan Armadores de Burela, S. A. (Absa) e o Concello. Na tarde do martes o roteiro foi ao completo e as prazas reservadas para mércores, xoves e venres –30 por día– esgotáronse na oficina de turismo. 

No traxecto, os visitantes poideron desfrutar do espectáculo das caixas cargadas de polbos, rodaballos, pescadas, raias, congros ou percebes. Tamén comprobaron a información que se inclúe no etiquetado dos alimentos e finalmente asistiron á subasta, na que se sorprenderon co ritmo ao que se vende o peixe, coa pericia do ruleiro e a rapidez dos compradores para mercar ao mellor prezo.

Visitantes, contemplando caixas cheas de polbos. AXM

INSCRICIÓNS

Para esta semana non hai prazas, pero queda moito verán. A actividade desenvolverase ata o 31 de agosto, de luns a venres, un grupo -cunha hora de visita- cada tarde. Os interesados poden formalizar a súa inscrición no consistorio, os luns, ou na oficina de turismo, de martes a venres.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...