InicioCentralFozO goberno local de Foz cualifica de "oportunista" ao portavoz do PP...

O goberno local de Foz cualifica de “oportunista” ao portavoz do PP local

O goberno local de Foz explica que no último pleno da corporación municipal “o Partido Popular realizou un rogo para que se instalaran uns vestiarios femininos no campo de fútbol municipal de Malates"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Foz explica que no último pleno da corporación municipal “o Partido Popular realizou un rogo para que se instalaran uns vestiarios femininos no campo de fútbol municipal de Malates. Ese rogo chega cando xa se teñen mantido diversas conversas entre o Concello e a asociación Santiago de Foz para que nas vindeiras semanas se comecen eses traballos con persoal municipal”.

“O Partido Popular saca agora esta nota de prensa totalmente oportunista, despois de facer ese rogo no pleno e ser xa informado nesa mesma sesión de como se realizarían esas obras nas vindeiras semanas. Vaise reconvertir un espazo que agora se usa como almacén para vestiario feminino, algo que acordamos coa asociación Santiago de Foz. Estas melloras veñen despois da renovación completa do céspede e o sistema de rega, ademais de melloras nas redes de protección, obras que fixemos con cargo a un convenio asinado coa Deputación de Lugo e que foi acordada cos clubs e co Partido Popular”, aclara a voceira do goberno municipal, Inés López Couto.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...