InicioSen categoríaRibadeo convértese no epicentro do Camiño coas XXI Xornadas "Mar por Medio"

Ribadeo convértese no epicentro do Camiño coas XXI Xornadas “Mar por Medio”

Publicada o

Ribadeo acollerá os días 10 e 11 de outubro a vixésimo primeira edición das Xornadas “Mar por Medio – Comunicación e proxección dos valores xacobeos”. O evento foi presentado este mércores nunha rolda de prensa no Concello de Ribadeo, na que participaron o alcalde, Daniel Vega; o presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís Villaverde; e a reitora da USC, Rosa Crujeiras, entre outras autoridades.
Durante o acto, Marcelino Agís destacou que os valores xacobeos conforman a identidade da cultura europea e sinalou a importancia de comunicalos e practicalos. Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, amosou a súa satisfacción polo crecemento destas xornadas e reivindicou o papel de Ribadeo no Camiño Norte, un itinerario que é Patrimonio da Humanidade. A reitora da USC valorou positivamente a oportunidade de deslocalizar as actividades da universidade pola xeografía galega.
CONFERENCIAS, DEBATES E MÚSICA
O programa cultural arrancará o sábado 10 de outubro na Casa do Concello cunha conferencia inaugural: a cargo de Ricardo Polín, académico correspondente da Academia Xacobea. Haberá mesas redondas, unha centrada na comunicación e os Camiños de Santiago con directores de medios galegos, e outra sobre os valores do Camiño con asociacións de amigos do Camiño de Galicia, Asturias e Cantabria. Ademais haberá unha conferencia de peche pronunciada por Darío Villanueva, catedrático emérito da USC e exdirector da Real Academia Española e como broche musical actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.
O domingo 11 de outubro, o Auditorio de Ribadeo vestiráse de gala para acoller a sesión solemne de ingreso dos novos académicos. Nesta cita tomarán posesión o hispanista John Rutherford (como académico de honra e impulsor das primeiras edicións deste ciclo nos anos noventa) e Manuel Valín (como académico correspondente).
INSCRICIÓNS ABERTAS

As persoas interesadas en asistir a estas xornadas gratuítas xa poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web www.academiaxacobea.gal. O prazo permanecerá aberto dende hoxe mesmo, 23 de setembro, ata o vindeiro 7 de outubro de 2026.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...