InicioOrientalBarreirosBarreiros despide a Hamdi, neno saharauí acollido por unha familia do concello

Barreiros despide a Hamdi, neno saharauí acollido por unha familia do concello

A alcaldesa Ana Ermida, xunto coas concelleiras Carmen Veiga e Montse Porteiro, entregáronlle varios agasallos como lembranza da súa estadía en Barreiros

Publicada o

- Advertisement -

 salón de plenos do Concello de Barreiros acolleu a despedida de Hamdi, o neno saharauí que pasou os meses de verán no municipio dentro do programa “Vacacións en Paz” da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).

A alcaldesa Ana Ermida, xunto coas concelleiras Carmen Veiga e Montse Porteiro, entregáronlle varios agasallos como lembranza da súa estadía en Barreiros. Á cita tamén se sumou a familia de acollida, quen durante dous meses abriu as portas da súa casa para ofrecerlle a Hamdi un verán de lecer, afecto e normalidade, ben lonxe das condicións extremas dos campamentos de Tinduf, en Alxeria.

Desde o Concello de Barreiros queremos felicitar á veciñanza por facer un municipio acolledor e solidario, á vez que agradecemos ás familias que, xenerosamente, fan posible cada verán que nenas e nenos saharauís vivan uns meses lonxe das duras condicións dos campamentos de refuxiados.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...