InicioCentralO ValadouroMaría José Barreira, PSOE do Valadouro: "a resposta de por que o...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

María José Barreira é concelleira do PSOE no Valadouro e explica por que se pediu o pleno extraordinario do 18 de agosto sobre a situación fiscal do concello ante o Ministerio de Facenda.

Publicada o

- Advertisement -

Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como unha entidade incumpridora co Ministerio de Facenda?
O Ministerio de Facenda é quen leva todo o relacionado coa administración e financiación autonómica e local. Na última relación de concellos e Deputación que se publicou o 11 do 5 de 2026, en relación á liquidación do orzamento de 2024, O Valadouro aparece con cinco incumprimentos. A execución do cuarto trimestre do orzamento de 2024, a execución do cuarto trimestre do 2025 e os plans orzamentarios a medio prazo de 2026-2028, as liñas fundamentais dos orzamentos de 2026 e o custe efectivo dos servizos das entidades locais no 2024. Isto non é demagoxia, quero dicir que hai moitos concellos incumpridores, o mesmo moitas deputacións, mais a nosa función é O Valadouro e os seus cinco incumprimentos.

—Cal é a relevancia que teñen eses cinco puntos que aparecen na listaxe do Ministerio?
Todos os incumprimentos son relevantes. Cando ti tes ao 100% do persoal traballando e que cada un ten que facer a súa función, hai que presentar as cousas en prazo. Pedimos un pleno extraordinario para facerlle ver ao señor alcalde que a oposición ten a posibilidade de pedir plenos extraordinarios. Durante os plenos ordinarios o alcalde bota balóns fóra comentando que non se puido facer a xestión pertinente. Debemos ter en conta que no Valadouro houbo un cambio de goberno, como digo eu unha “auto-moción” de censura por parte da alcaldesa que había. A moción fíxose pola situación do Concello, con moitos e moitas empregadas de baixa ou ausentes e isto trouxo a parálise do Concello porque non tiñamos nin secretario. Viña un secretario de cando en vez enviado pola Deputación, mais non había quen fixera pagos ou resolucións e iso foi o que motivou o cambio de goberno e que a alcaldesa entregase a súa acta e apoiase ao señor Lamela. Con todo, seguimos nas mesmas, estamos saíndo en incumprimentos, desde a chegada do novo goberno durante o 2025 tiveron secretario mais non presentamos as cousas en prazo.

— Non se fixo ningún documento que implicase ter realizado os diferentes compromisos fiscais do Concello? Non se realizou ningún pago?
En todos os informes de Secretaría, dos distintos secretarios, falaban da necesidade de tramitar un plan económico-financiero que supostamente se estaba elaborando desde finais do 2024. Todos os plenos preguntamos en como está esa situación e nos din que se está facendo, mais descoñecemos cal é o estado da tramitación. Basicamente, alguén debe explicar por que estamos na listaxe do Ministerio. O curioso é que a situación do concello quedou saneada. Algo que o alcalde sempre recoñeceu é que había diñeiro e xa na anterior lexislatura había diñeiro, daquela, o Concello do Valadouro quedou con remanente. Por iso buscamos explicacións para o atraso no pago de taxas e padróns así como de prezos públicos no caso do SAF, no ximnasio e en todas aquelas partidoas que cobra o Concello.

– Quixera preguntarche se nestes momentos hai un secretario xa fixo no no Concello ou se segue haber un asistente?
Sí, hai unha secretaria titular que estaba ausente e se incorporou hai uns meses. Durante esa ausencia tivemos un secretario acumulado que tamén prestaba os seus servizos no Vicedo.

— Porén, ademais da Secretaria tamén faltaba máis persoal antes da moción de censura? Había algún motivo?Daquela parte do persoal administrativo estaba ausente. O Concello estaba en cadro, e desde a incorporación ao goberno local do PP comezaron as reincorporacións mais continuamos na mesma situación con facturas sen pagar ou traspapeladas.

-Por último, no mesmo pleno inclúese unha moción sobre o peche de camas no hospital de Burela.
Si, o BNG presentou esa moción sobre o peche de camas no verán. Presentouna de urxencia, aínda así, o goberno local non aceptou a urxencia porque din que tiveron moito tempo para presentala e agora non lles daba tempo ao grupo de goberno de saber por que se pechan.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...