- Advertisement -
Unha persoa resultou ferida grave este venres tras envorcar o seu vehículo en Barreiros, concretamente no quilómetro 572 da N-634, en Celeiro de Mariñaos, segundo informa o 112 Galicia.
Foron varios particulares os que alertaron a Central de Emerxencias do accidente, que se rexistrou arredor das 8.30 horas deste venres.
Até alí desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros e Protección Civil de Barreiros, que se encargaron de excarcerar o condutor, que tivo que ser trasladado ao Hospital da Costa en estado grave.
