A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo anuncia a conferencia do oftalmólogo, activista e escritor palestino, Mohamed Safa, arredor do xenocidio sobre o pobo palestino en Gaza. Mohamed Safa, que leva anos afincado en Galicia, é o autor de Gaza, un xenocidio televisado, unha visión sobre os acontecementos que envolven o actual estado da poboación palestina nesta área.
A conferencia celebrarase na Casa da Música (antiga Casa do Mar) de Ribadeo o día 6 de febreiro ás 20:30. O libro Gaza, un xenocidio televisado, está editado por Medulia Editora.
Lembrámoslles que o venres 6 de febreiro, ás 20,30, na Casa da Música (antiga Casa do Mar) vai haber unha conferencia sobre o xenocidio que está a cometer o estado sionista de Israel co pobo palestino. Impartirá a conferencia Mohamed Safa, oftalmólogo, activista e escritor palestino afincado en Galiza que escribiu o libro “Gaza, un xenocidio televisado”, de Medulia Editoria
