InicioCentralAlfozEfigenia Maseda: "Alfoz quere eliminar a fraude na contratación de obras e...

Efigenia Maseda: “Alfoz quere eliminar a fraude na contratación de obras e licitacións receptoras de axudas da UE”

O Concello de Alfoz aprobou un plan antifraude para evitar a mala praxe nas solicitudes de axudas á UE. Este é un elemento imprescindible para acceder a fondos europeos para melloras dentro do ámbito local

Publicada o

- Advertisement -

-Cal é a idea detrás do Plan Antifraude aprobado polo Concello de Alfoz?

Supón a participación do Concello de Alfoz nun plan antifraude para solicitar subvencións da UE. É un dos puntos esixidos para entrar na captación de subvencións.

-En que consiste este plan e que figuras legais interveñen na súa elaboración?

É unha medida institucional onde participaron a Secretaría, técnico de Xestión e Intervención. Con este plan buscamos eliminar ou minimizar a fraude dentro do que é a contratación de obras e licitacións, tamén que as ofertas presentadas sexan o máis transparentes posibles. Isto último faise mediante unha vía para canalizar as denuncias e tamén formamos un comité contra a fraude.

-Tanto a vía de denuncias como o plan antifraude contaron coa aprobación da totalidade do pleno?

Si, contou coa unanimidade de todos os grupos políticos. O debate foi a lectura da proposta, a exposición de motivos e non houbo preguntas nin comentarios e foi aprobado por unanimidade.

-Este documento afecta só ás subvencións que pida o Concello ou tamén afecta ás subvencións que soliciten os e as cidadáns?

Non, só ás que pida o Concello.

-Como actuaría este plan en caso de que se observase unha fraude?

Elaborouse un cuestionario de autoavaliación de riscos co cal teriamos que avaliar a actuación antes, durante e despois da mesma. Hai un modelo de declaración de ausencia de conflictos e tamén, un documento de xestión de procedementos de contratación para eses contratos financiados con fondos da UE.

-Suponse que este Plan Antifraude será coñecido pola poboación. Saben das reaccións entre a xente de Alfozo sobre esta iniciativa?

Non coñecemos reaccións, polo menos en contra. O documento está subido ao portal de transparencia do Concello, por tanto, toda a veciñanza ten acceso a el.

-De todas as subvencións que se poden pedir, cales serán as máis beneficiadas deste plano antifraude?

Sobre todo axudas medioambientais, que son as máis numerosas por parte da UE. Este ano queriamos participar dunha delas mais non puidemos por non ter creado o Plan Antifraude.

-Que plans de actuación medioambiental lle gustaría dar saída ao Concello de Alfoz coas axudas europeas?

Pois a limpeza e adecuación en certas zonas onde a precisamos debido a que os medios propios do Concello non chegan.

-Este tipo de plan antifraude é obrigatorio ou é unha medida que pode adoptar libremente cada concello?

Entendo que é unha medida de adopción libre. É unha boa medida e creo que Alfoz non é o único concello en adoptala, outros municipios que participasen en axudas europeas terían que telo aprobado.

-Este plan antifraude a quen se lle remite para a súa aprobación?

Apróbase en pleno, publícase na sede electrónica e no portal de transparencia. Logo comunicarase ao Goberno central e, á parte da aprobación do plan, tamén está a declaración institucional contra a fraude. Esta última é creada polo mesmo Concello. Por último, o Comité Antifraude está formado por funcionarios do Concello.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...