A Plataforma pola sanidade pública da Mariña organizou por sexto mes consecutivo unha concentración para demandar a cobertura de todo o persoal facultativo no seu centro de saúde. A recollida de sinaturas dirixidas ao conselleiro de sanidade e que recollen estas demandas supera xa as tres mil vai e avanza a moi bo ritmo.
Na concentración deste xoves a lectura do manifesto correu a cargo de Ovidio González, xornalista xubilado da RTVG, do integrante da Plataforma Sanitaria da Mariña Miguel Otero e de Susana, pertencente ao movemento “Médicos no Vicedo Xa”. Destacouse que finalizado o período estival a dotación de facultativos no centro de saúde de Viveiro continúa moi mermada, faltando ata cinco profesionais gran parte dos días. O colectivo amosa preocupación porque no concurso de traslados que está a desenvolverse neste mes e que se atopa en fase provisional, dúas médicas deste centro trasládanse fora, máis non hai ningún/ha profesional que optara a estas prazas que quedan baleiras, incrementándose aínda máis o enorme déficit de persoal facultativo.
No manifesto fíxose mención tamén ás sospeitas dúbidas e alarma que está a provocar na poboación a negativa do goberno galego a trasladar os resultados dos cribados de cancro de mama ao ministerio de sanidade.
A privatización e posta en mans de empresas privadas os datos de codificación das altas hospitalarias, tendo o Sergas persoal caoacitado para facer este traballo tamén é outro dos temas que causan indignación ao colectivo
