InicioOccidentalCervoCervo renova a praza Nardo Martínez no centro de San Cibrao

Cervo renova a praza Nardo Martínez no centro de San Cibrao

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou as obras acompañado do concelleiro Adrián Arias, e subliñou que esta é “unha actuación prioritaria para este equipo de goberno que servirá para mellorar un novo espazo público"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo está a executar nestes días as obras de reforma integral da Praza Nardo Martínez, en San Cibrao, cun investimento de 150.000 euros financiado integramente con fondos propios municipais procedentes do remanente de tesourería.

O proxecto supón unha actuación de gran relevancia para o municipio, xa que permitirá solucionar os problemas de filtracións existentes na cuberta do auditorio da Casa da Cultura, mellorar a accesibilidade e renovar por completo a imaxe desta praza, que é un dos espazos máis emblemáticos da vila.

A intervención inclúe a impermeabilización completa da cuberta do auditorio, a mellora da accesibilidade no acceso desde a Avenida da Mariña —coa creación dunha “orella” no paso de peóns e a instalación de pavimento podotáctil para facilitar o movemento das persoas con discapacidade visual—, e a renovación integral dos pavimentos, aproveitando as grandes lousas de granito existentes e completando as zonas necesarias con adoquíns de granito de similares características, para garantir unha imaxe homoxénea e harmónica co resto das actuacións urbanas desenvolvidas no núcleo de San Cibrao.

Ademais, o proxecto contempla a posta a cota de tapas e arquetas, así como a reposición do mobiliario urbano, incluíndo bancos, xardineiras e sinalización vertical.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou as obras acompañado do concelleiro Adrián Arias, e subliñou que esta é “unha actuación prioritaria para este equipo de goberno que servirá para mellorar un novo espazo público, moi frecuentado pola veciñanza e fundamental para a vida social e cultural do municipio, ao atoparse tamén sobre o auditorio da Casa da Cultura e servir como punto de encontro habitual para todos/as”.

Engadiu tamén que con esta obra renovamos pois un espazo fundamental para San Cibrao, “mellorando a súa estética, accesibilidade e seguridade, e garantindo ao mesmo tempo o bo funcionamento do auditorio”.

Trátase ademais –afondou- nunha obra financiada integramente con fondos propios, o que demostra o compromiso deste equipo de goberno por “seguir mellorando os espazos públicos e investir os recursos municipais en proxectos que teñen un impacto directo e positivo na vida diaria da veciñanza”.

Cabe recordar que a Praza de Nardo foi bautizada con este nome en homenaxe ao noso querido veciño Nardo Martínez, unha persoa moi apreciada pola súa entrega e compromiso coa comunidade. O 28 de xullo de 2023, Nardo foi nomeado fillo adoptivo do Concello de Cervo a título póstumo, nun emotivo acto que recoñeceu a súa traxectoria e o fondísimo afecto que deixou entre todos os que o coñeceron, todo un exemplo de veciño xeneroso e comprometido co municipio.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...